miércoles, 2 de marzo de 2016

Actividade de produción escrita

Bo día!

Para a actividade de produción escrita gustoume este vídeo de dous gatos “falando”, porque poden xurdir moitas historias divertidas a partir de el. Ademais, penso que sería fácil de adaptar a calquera nivel.



Este é o seu link correspondente á páxina Lessonstream

De esta maneira, se estás nun nivel baixo podes propoñerlles aos teus alumnos que imaxinen un diálogo para os gatos, dándolle sempre ideas e guiándoos. Por exemplo, poderíaselle explicar que os gatos se acaban se coñecer e o tema do diálogo sería: como se están presentando? Ou, podemos supoñer que están falando sobre os seus hobbies: que poderían estar comentándose un ao outro?

Nun nivel máis alto, podes propoñerlles que fagan un diálogo utilizando algunhas palabras que ti elixas. Por caso, “tedes que realizar un diálogo sobre o que poderían estar falando os gatos e introducir nas vosas propostas as expresións: quecemento global, escoba e pantalóns”. Ou tamén podería ser unha opción, exporlles que fagan un diálogo para os gatos no que introduzan preguntas do estilo “Would you rather…” e respostas.

E, nun nivel superior, poderíaselles deixar que improvisasen completamente o diálogo eles mesmos. Para que se inspirasen, mostraríalles este outro vídeo de animais falando. Se puidesen introducir os diálogos como nestas mostras sería perfecto. Logo poderíase votar polos máis divertidos e orixinais.





Ata a próxima!





1 comentario:

  1. Xa vexo que os animais que falan é un tema que ten moitos adeptos! Eu aínda non o probei, pero danme ganas!

    ResponderEliminar