Mostrando entradas con la etiqueta Dosier. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dosier. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de marzo de 2016

Entrada de dosier #6


Derradeira publicación de dosier!

Nesta comentarei o que fixemos na sexta sesión co profesor Carlos Varcárcel, que foi grosso modo, falar sobre a avaliación.


Para comezar, fixemos unha actividade seguindo a organización da estrutura dunha pirámide para debater cales foran os tres puntos negativos que viviramos nos procesos de avaliación ao longo dos nosos anos de estudio.

Eu destaquei os seguintes aspectos, como os máis negativos:

1.Non saber de entrada os criterios de avaliación, é dicir, que nunca mos explicaran. Onde empecei a ter contacto con este factor foi na universidade, no instituto non sabía que existían e polo tanto, carecía dunha guía neste aspecto, porque non sabía como tiña que facer as cousas, que patróns seguir, nin como organizar o meu estudo.

2.En segundo lugar, algo que non me parecía para nada positivo era que os profesores comparasen as notas duns alumnos con outros porque penso que crea frustración.

3.E, finalmente, non me parece boa idea que a nota final dependa solo do exame.


Estes eran os aspectos que eu considerei negativos, logo fomos debatendo por parellas e por grupos, ate chegar a conclusión conxunta. O aspecto que máis se considerou como negativo nesta actividade foi:

1.A falta de avaliación oral, cuxa ausencia podería ser explicada por varios motivos, como a falta de coñecemento por parte dos profesores de ferramentas de avaliación, por exemplo.


Na seguinte actividade tratamos a comprensión: recepción oral e escrita. Tivemos que buscar  de maneira colaborativa, unha actividade de comprensión oral ou escrita nos manuais de linguas estranxeiras cos que xa traballaramos anteriormente.

O que atopamos no manual co que traballamos nos, “Beyond 2”, foron preguntas de compresión de texto que esixían respostas abertas, xa que necesitaban unha resposta máis alá de si ou non,  e curtas, de atopar no texto. Por outra banda, esta actividade fomentaba a autoavaliación, xa que os estudantes debían de facer un texto novo a partir da información que recompilaran das preguntas.


Deste xeito, tivemos oportunidade de falar sobre a avaliación e de coñecer os tipos de avaliación que existen, cando se pode avaliar, que criterios se poden seguir e de que ferramentas se pode botar man.



domingo, 28 de febrero de 2016

Entrada de dosier #5

Ola!

Na sesión do 23 de febreiro co profesor Carlos Varcárcel falamos sobre as programacións didácticas, ese famoso descoñecido que todos deberiamos de coñecer.



As actividades que fixemos na nosa primeira toma de contacto coas programacións foron tres:

1. Para a primeira seguimos o esquema da organización en pirámide, é dicir, no comezo xuntámonos por parellas, e logo, pouco a pouco, fomos aumentando o número de membros dos grupos. A nosa misión era debater cales eran os tres aspectos fundamentais das programacións didácticas, elaborados polos profesores.

No meu grupo non fomos capaces de decidirnos por tres aspectos soamente, polo tanto, na lista inicial xuntei seis puntos clave, que pensamos, podían ser válidos: os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a temporalización, a atención á diversidade e a metodoloxía. Pero, de feito so tres destes aspectos son correctos, porque os outros tres xa veñen dados por outras fontes e, en consecuencia, non dependen soamente dos profesores, son:

Os obxectivos, os contidos e a atención á diversidade, xa que, por exemplo esta última, pódese consultar co gabinete de orientación do centro en cuestión.

Desta maneira, os tres aspectos fundamentais das programacións que quedan como opcións correctas son:
  • Os criterios de avaliación, é dicir, como se vai avaliar, xa que son relevantes desde o punto de vista de que, no caso de chegar a un centro no medio do curso, para substituír a un profesor, temos que saber que sistema estaba seguindo, ademais de cómo estaba avaliando.

  • A temporalización, que nos pareceu importante polo mesmo motivo que os criterios de avaliación, xa que é o profesor o que decide cando se trata cada tema, alén de que isto pode significar un cambio na didáctica.
  • E, o último punto, foi a metodoloxía, aínda que tamén podemos atopar información sobre esta no MCERL.



2.Na segunda actividade fixemos unha choiva de ideas acerca de onde podemos buscar información para elaborar unha programación. Aquí xurdiron posibilidades como:

DOGA, BOE, Currículo da Xunta, Currículo do Ministerio, PEC (Proxecto Educativo de Centro), PLC (Proxecto Lingüístico de Centro),Ige.eu (Instituto Galego de Estatística),MCERL, Manuais de didáctica, tanto xerais, como de linguas, O RRI (Regulamento de Réxime Interno).

Tamén tivemos en conta fontes didácticas, epistemolóxicas e psicolóxicas.




3.E, finalmente, a terceira actividade consistiu en buscar unha programación dun instituto e analizala.
No meu grupo atopamos a do I.E.S 12 de Outubro, e decidimos analizar a do curso de 2º de E.S.O. Para levar a cabo a análise, fomos comentando os puntos que nos sinalara o profesor.

Esta programación viña introducida por un texto no que se expoñen aspectos como o currículo, as competencias básicas, os obxectivos, a avaliación, a temporalización, os recursos, a atención á diversidade e a organización. Ademais, explicase a localización do centro, pero sen embargo non se dan características do alumnado, por exemplo, do repertorio lingüístico, nin se fala das familias. Tampouco se dan datos acerca da filosofía do centro.

En canto ás competencias clave, fan referencia a elas como competencias básicas e non se relacionan cos estándares de aprendizaxe. Sen embargo si hai un listado cos obxectivos que se van a perseguir.
Por outra banda, si que se explica a metodoloxía, informase de cómo se vai a levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira. Tamén se explican os criterios de avaliación, con detalles. Ademais, outro aspecto que se expón de maneira especifica, son os recursos dispoñibles no centro, así como os que se van a usar en concreto ao longo do curso para desenvolver a materia (libro de texto, libro de lectura).


Por ultimo, mais adiante pódese atopar un apartado en relación as necesidades especiais, onde se especifica o tipo de atencións coas que contan. E finalmente, tamén se expoñen as actividades extracurriculares (obras de teatro, películas e viaxes educativos en colaboración con outros departamentos).



Un saúdo!



domingo, 21 de febrero de 2016

Entrada de dosier #4

Bo día!

Nesta entrada vou resumir as actividades que fixemos na 4º sesión co profesor Carlos Varcárcel.

A primeira actividade que fixemos foi relacionar unha serie de conceptos (LOMCE, MECR, PEC, PL, Currículo Secundaria e Programación das materias), cos niveles de concreción curricular. O resultado foi o seguinte:

1º NIVEL: LOMCE, MECR, Currículo Secundaria
2º NIVEL: PEC, PLC, Currículo Secundaria
3º NIVEL: Porgramación de materias
4º NIVEL: Pogramación de materias (NEE)



Para a segunda actividade organizámonos seguindo a técnica da pirámide, é dicir, primeiro fixemos o exercicio individualmente, para logo coméntalo co do lado, logo coa parella de enfrente, e así, ata chegar a unha conclusión común toda a clase.


O obxectivo da actividade era debater cales eran as 5 actividades máis común que fixeramos nas nosas aulas de inglés. Persoalmente escollín:
  • Listen and repeat
  • Redaccións
  • Fill in the blanks
  • Exercicios gramaticais (reformulación)
  • Traducción


O resultado xeral foi:
  • Listening
  • Fill in the blanks
  • Reading


Concluíndo así, polo tanto, que as máis común son exercicios estructurais como os de ordenar, encher ocos, os exercicios de relacionamento (unir foto + palabra, por exemplo). É dicir, faise moito traballo de gramática, moito traballo de texto, e, en consecuencia, trabállase pouco o comunicativo. Pode haber intención comunicativa en todos eses exercicios que se realizan, pero como se traballa non serve para unha situación real xa que, a producción memorizada non é moi efectiva para a comunicación. Desta maneira entendemos agora porque a maioria da poboacion, ainda que teña moitos anos de ensino de ingles, non e capaz de conversar sobre cousas tan simples como, por exemplo, o tempo.


Para a terceira actividade tivemos que xuntarnos por grupos para analizar unha serie de manuais. O que nos tocou no noso grupo traballabase bastante a producción oral, había exercicios de traducir e de memorización de palabras soltas e diálogos, todos para realizar oralmente.




Na cuarta e última actividade, outra vez por grupos, volvemos analizar manuais, pero agora de forma máis completa. Aquí atopámonos un exemplar que traballaba desde o enfoque comunicativo, xa que presentaba moitos exercicios orais e de interacción. Ademáis, neste caso, os temas traballábanse de maneira situacional, é dicir, arredor de situacións. Por outra banda, a gramática era implícita pero combinada con explícita, porque se plantexaban moitos exercicios e había pequenas explicacións ao lados destes.



Ata outra!



miércoles, 10 de febrero de 2016

Entrada dosier #3

Ola!

Nesta terceira entrada do apartado dosier, vou comentar o que fixemos na terceira sesión de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras co profesor Carlos Varcárcel.

Para comezar fixemos unha actividade na que tiñamos que asociar os métodos que considerábamos aplicables ou que se poderían aplicar nas seguintes situacións educativas: Educación Infantil e Primaria, Educación Secundaria, FP, EOI, Seniors e ELE. Por iso, para a selección dos métodos foi moi importante que tivésemos en conta os factores e contextos que determinan a didáctica, como a idade, os recursos, o nivel dos estudantes…

Para realizar a actividade xuntámonos por grupos, e este foi o resultado do meu:



A continuación o profesor explicounos as variables máis importantes na situación educativa, como son:

  • A idade, xa que, debido a que aprendemos de diferente maneira en función da idade,  nos fai decidir que didáctica se debe adoptar adoptar (senior, xeneralista, precoz, junior…).

-                                -Aquí aproveitamos para facer unha actividade de direfencias entre young e adult learners,                    cuxos resultados destacaron a facilidade dos máis pequenos para imitar máis sons e a                            motivación que leva aos maiores a aprender, o que fai máis sinxela a aprendizaxe.

  • A segunda variable que tivemos en conta foi a lingua inicial, xa que pode influír na aprendizaxe da segunda lingua.

-                               -Tamén fixemos unha actividade para indagar de qué maneiras unha inflúe sobre a outra,                      tanto positiva como negativamente. As conclusións demostraron que, por exemplo, canta                    máis cercanía haxa entre a l1 e a l2, máis fácil se fai a aprendizaxe, e que, ademais, os falsos                amigos poden xogarnos unha pasada.


  • A terceira e última variable da que falamos nesta sesión foi o tipo de centro. En Galicia temos tres: o público, o privado e o concertado. Xa que os públicos tenden a ser máis ‘tradicionais’, mentres que os privados son os que máis innovan, isto ven dado polo tipo de control financieiro e pedagóxico que hai sobre cada un, así como da política do centro.



Un saúdo!


miércoles, 3 de febrero de 2016

Entrada Dosier #2

Bo día!

Benvido a unha nova entrada do dosier, onde comentarei as actividades feitas na segunda sesión da materia de didáctica co profesor Carlos Varcárcel.
Nesta clase do 27 de xaneiro , falamos do universo dos tipos de linguas, desde a perspectiva dos falantes, é dicir, de lingua inicial, lingua segunda, lingua segunda estranxeira, lingua segunda ambiental…

So fixemos unha actividade, cara o inicio da sesión, na que o obxectivo era atopar as diferencias e similitudes entre unha lingua inicial e unha lingua estranxeira. Para ensinarvos os resultados elaborei un vídeo coa ferramenta chamada Powtoon, ésta é online e serve para crear vídeos animados e presentacións, ademáis é gratis. Ahí vai a miña mostra:



En resumidas contas, chegamos á conclusión de que unha lingua inicial, pode cambiar de categoría, ao igual que calqueira de outro tipo de lingua. Para ilustrar esta idea vouvos poñer como exemplo o caso dun rapaz chino adoptado aos 3 anos por unha familia española, xa que a súa lingua inicial pasaría de ser o chino a ser o español. Deste xeito, ninguna lingua entra nunha categoría de por vida, é dicir, poden mudar de compartimento, e, ademáis, pódense solapar as etiquetas, noutras palabras, a lingua inicial pode ser á vez lingua habitual ou no, e á súa vez, tamén pode ser ou no, por exemplo, lingua de traballo.


Un saúdo!

lunes, 1 de febrero de 2016

Entrada Dosier #1

Ola de novo!

Como xa comentei na entrada do apartado diario, usarei esta sección para falar sobre actividades feitas na aula na materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Polo tanto ofrecereivos aquí anotacións e resumos sobre o que vaiamos realizando.

Ate agora so tivemos dúas sesión, na primeira, o 26 de xaneiro, fixemos dúas actividades:

  • A Pirámide:

É unha actividade dinámica e que da pe a interacción, polo tanto poderíase botar man dela dende moitas metodoloxías, pero sobre todo dende aquelas que buscan fomentar a competencia comunicativa, xa que para realizar esta actividade é preciso agruparse ao comezo, en pequenos grupos que logo deben de ir medrando pouco a pouco ate so contar con dúas bandas na aula.

Cal é o obxectivo das agrupacións? Ir desenvolvendo unha idea para logo argumentar as vantaxes e os inconvenientes fronte a outra banda. Por exemplo, lánzase unha pregunta e cada grupo debe de desempaquetar os seus pensamentos sobre o tema, primeiro de dous en dous, por exemplo, logo de catro en catro, e así sucesivamente.  Desta maneira, conséguese que todo o mundo fale. Ademais, outra vantaxe que ten esta actividade é que se pode utilizar para tratar un sen fin de temas, así como para revisar vocabulario, por exemplo.

Na clase foi interesante, porque todos chegamos ás mesmas conclusións, tiñamos que escoller nunha lista cal era para nos o punto máis importante da materia e tamén cal era o que menos pesaba para nos.



  • WH- Questions

Para a última actividade, botamos man das wh-questions. Unha actividade, polo tanto, de moita utilidade para as clases de inglés. O que fixemos foi formar varios grupos e cada un deles debía de formular 5 preguntas que comezaran por este tipo de palabras. Deste xeito,  esta tarefa tamén precisou da interacción, o que a fixo máis divertida e amena.

A finalidade das preguntas que elaborara cada grupo era preguntarllas logo aos outros, para así, ver quen sabía máis sobre o falado ese día na aula. Así, por exemplo, o noso grupo fixo as seguintes cuestións:

1.     Onde hai que etiquetar as actividades colaborativas?
2.     Que significa LMS?
3.     Por que non hai extensión mínima nas entradas?
4.     Quen van ser os catro docentes da materia?
5.     Como se calculará a nota final?




Pareceume unha actividade moi rendible, xa que se pode utilizar para repasar practicamente todos os temas, é ademais, moi motivadora para os alumnos xa que esperta certa competividade entre eles. Incluso se podería levar un pouco máis alá ofrecendo recompensa aos ganadores.

A nos serviunos para saber canto entenderamos da materia ese día, polo que por un lado, foi útil para o profesor, porque así tivo unha oportunidade para saber como de clara fora a  súa lección, e por outra banda, foi frutífera para nos, xa que si nos quedara algo atrás tivemos a posibilidade de volver a tomar notas ou de quedarnos coa explicación.


E ata aquí a miña entrada do dosier da primeira sesión, un saúdo!