Querido diario de reflexións:
Nas
sesións da semana pasada, coas profesoras Luz Valencia e Ana Fontenla, volvemos
a facer moitas actividades moi útiles e tratamos tamén, temas moi interesantes,
un deles en concreto, lévame a unha das miñas entradas anteriores, Uso dos Diccionarios e Corrección de Erros
nas Aulas, onde comentei grosso
modo o tratamento e a corrección dos erros dos alumnos.
Hoxe,
gustaríame volver á cuestión do tratamento do erro, para afondar nese aspecto
relacionado do que falaba antes: a motivación, xa que son dous puntos que están
moi ligados nas aulas, debido ao constante medo ao ridículo e ao fracaso que
temos os estudantes. De feito, non sabía que este tipo de medos podían ir tan
lonxe ata que, investigando por internet, atopei o termo gelotofobia, que fai
referencia ao medo de ser “obxecto de burla”. Neste
enlace podedes atopar un traballo sobre o tema, publicado na revista INFAD
de psicoloxía, onde se afonda nas causas e nas consecuencias deste síndrome.
Como
estudante, atopeime con moitos profesores carentes de tacto, que conseguían,
nada máis entrar na aula, crear unha atmosfera de tensión incrible. En
consecuencia, pasabamos a sesión completa con medo no corpo e, polo tanto,
ninguén tiña ganas de que chegara esa clase e menos, de participar nela. É
dicir, producíanse as condicións perfectas para levar a cabo a aprendizaxe da
materia (nótese a ironía).
Non
atopo xustificacións suficientes para seguir este tipo de metodoloxía, o único
que se pode conseguir a partir de sementar este tipo de sensación nas aulas, é
que os alumnos relacionen a educación con conceptos negativos, que non queiran
vir ao instituto e que aprendan por memorización, para que non lles quede nada
a atrás e que a profesora ou o profesor non lles berre, deixándoos quedar mal
diante de todos.
A
semana pasada, buscando noticias sobre educación, tropecei con esta: Student
question: Have You Ever Been Humiliated by a Teacher? How Did it Affect You?,
publicada en The New York Times, e
que vai acompañada por un vídeo feito in fraganti
a unha profesora berrándolle a unha alumna, por non dar coa resposta axeitada.
A partir desta nova xurdiu un debate a cerca de cómo motivar aos alumnos, xa
que algunhas das reaccións ante a actitude da profesora, suxerían que esta era
unha boa maneira de motivar aos alumnos e que se debería de deixar de mimalos
tanto neste aspecto.
Ao
final do artigo, aparecen un par de preguntas para reflexionar. Unha delas é: Have you had teachers who motivated you to
achieve without scaring or humiliating you? What did they do?. Para a cal a
miña resposta é afirmativa, é dicir, si que tiven profesores que lograban
motivarnos doutra maneira, traballando por exemplo a nosa autoestima e
demostrándonos que eramos capaces de facer as cousas. Algo do que falabamos na
sesión do 25 de febreiro coa profesora Ana Fontenla, e co que estou totalmente
de acordo. É importante sorprender aos
alumnos positivamente demostrándolles que son capaces de facer o que se
propoñan. En concreto, gustoume a idea de traballar un mesmo texto ao principio
e ao final do curso, porque así poden comprobar como son capaces de facer algo
que ao principio pensaban que non; ou o exemplo das frases nas que as palabras
teñen as letras desordenadas, pero se entende a mensaxe igualmente. Penso que
son boas mostras para probarlle aos alumnos o que poden conseguir, e deste xeito, traballar a motivación.
Isto
recordame ao que Aibileen, unha das protagonistas de Criadas y Señoras [Atención spoiler!],
lle decía sempre á rapaza que coidaba “You is kind, you is smart, you is
important”, para que a rapaza non se deixara influenciar polo que a súa nai
pensaba dela.
Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario