martes, 8 de marzo de 2016

Entrada de dosier #6


Derradeira publicación de dosier!

Nesta comentarei o que fixemos na sexta sesión co profesor Carlos Varcárcel, que foi grosso modo, falar sobre a avaliación.


Para comezar, fixemos unha actividade seguindo a organización da estrutura dunha pirámide para debater cales foran os tres puntos negativos que viviramos nos procesos de avaliación ao longo dos nosos anos de estudio.

Eu destaquei os seguintes aspectos, como os máis negativos:

1.Non saber de entrada os criterios de avaliación, é dicir, que nunca mos explicaran. Onde empecei a ter contacto con este factor foi na universidade, no instituto non sabía que existían e polo tanto, carecía dunha guía neste aspecto, porque non sabía como tiña que facer as cousas, que patróns seguir, nin como organizar o meu estudo.

2.En segundo lugar, algo que non me parecía para nada positivo era que os profesores comparasen as notas duns alumnos con outros porque penso que crea frustración.

3.E, finalmente, non me parece boa idea que a nota final dependa solo do exame.


Estes eran os aspectos que eu considerei negativos, logo fomos debatendo por parellas e por grupos, ate chegar a conclusión conxunta. O aspecto que máis se considerou como negativo nesta actividade foi:

1.A falta de avaliación oral, cuxa ausencia podería ser explicada por varios motivos, como a falta de coñecemento por parte dos profesores de ferramentas de avaliación, por exemplo.


Na seguinte actividade tratamos a comprensión: recepción oral e escrita. Tivemos que buscar  de maneira colaborativa, unha actividade de comprensión oral ou escrita nos manuais de linguas estranxeiras cos que xa traballaramos anteriormente.

O que atopamos no manual co que traballamos nos, “Beyond 2”, foron preguntas de compresión de texto que esixían respostas abertas, xa que necesitaban unha resposta máis alá de si ou non,  e curtas, de atopar no texto. Por outra banda, esta actividade fomentaba a autoavaliación, xa que os estudantes debían de facer un texto novo a partir da información que recompilaran das preguntas.


Deste xeito, tivemos oportunidade de falar sobre a avaliación e de coñecer os tipos de avaliación que existen, cando se pode avaliar, que criterios se poden seguir e de que ferramentas se pode botar man.



No hay comentarios:

Publicar un comentario