sábado, 20 de febrero de 2016

What would you do if...?

Ola de novo!


Para a actividade a partir dunha fotografía, pensei na seguinte:




Os alumnos deberían debater que farían eles ante unha situación así e argumentar:

  • se pensan que é axeitado ou no deixar ao can solo no coche
  • se lle deixarían o aire acondicionado ou a ventá aberta
  •  como actuarían se viran que o can pasa ahí máis dunha hora (romperían a ventá ou chamarían a algún tipo de servicio?)
  •  ou que farían eles se fosen os donos e non puidesen entrar co can, por exemplo, no restaurante para o que lles levou un mes conseguir mesa.

Penso que é unha actividade axeitada para todos os niveis, pero axustaría a canto máis nivel, máis tempo para debater, porque canto máis nivel, máis vocabulario teñen os alumnos. Por outra banda, cos máis pequenos creo que sería mellor debater todos en grupo, así eu podería escoller quen empeza, para darlle a oportunidade de contestar as preguntas máis fáciles aos que lles costa máis participar e porque, ademais, así eu podería introducir vocabulario. Sen embargo, cos grandes, deixaría que falasen por parellas.










No hay comentarios:

Publicar un comentario