martes, 16 de febrero de 2016

Que vos suxire o Lago dos Cisnes de Tchaikovsky?

Ola!


Debido a que a actividade anterior era máis ben un proxecto e, polo tanto, algo máis complexo, decidín elaborar unha nova actividade cunha idea que tiña en mente, porque a fixen cando estaba no colexio, na clase de música, e me pareceu moi divertida.

Xa que é unha proposta moi sinxela e non precisa de máis recursos que unha radio ou calquera aparato eléctronico, que sirva para reproducir unha canción, penso que é unha actividade que se pode amoldar a moitos contextos.

Trátase de reproducir unha canción e pedirlle aos alumnos que, a partir desta peza, escriban ou debuxen ó que lles veña á mente.


Polo tanto, dependendo da duración que lle demos vaise poder propoñer con varios fins. A miña primeira opción é utilizar a actividade como un exercicio de warm-up, que sirva para introducir teoría de maneira ‘disimulada’, por exemplo, poderíase neste caso, reproducir a canción que desexemos, eu pensei en O Lago dos Cisnes de Tchaikovsky, e pedirlle aos alumnos que fagan o que xa comentei anteriormente, pintar ou escribir o que a canción lles inspire. Ao rematar, preguntaríalles que tipo de letra engadirían á canción: ‘Parécevos triste ou alegre? Que adxetivos poríades na letra para facela soar triste? E alegre?’ E así, podería introducir adxetivos de maneira ‘disimulada’. Tamén se me ocorre que se podería usar para falar sobre as emocións, preguntándolles aos alumnos ‘que vos suxire?, como vos fai sentir?, en que pensades que estaba pensando o autor?’. Ou incluso, acábame de vir á mente, utilizar as catro estacións de Vivaldi, para falar sobre estas etapas do ano.


Por outra banda, podería facer a actividade máis longa, dándolles máis tempo para facer o exercicio, e logo proporíalles que ao rematar, cada un presentase a súa versión da peza ao resto da clase. Desta maneira, podería aproveitar para avaliar a expresión oral. Pero reservaría esta opción para os máis maiores, porque teñen máis nivel e poden facer descripcións e presentacións máis elaboradas, mentres que a primeira opción a prantexaría nos primeiros cursos, é dicir, primeiro ciclo da ESO.

Polo tanto, penso que é unha alternativa moi moldeable, que se pode adaptar a bastantes contextos, pero, sen embargo, eu optaría por propoñela cando os alumnos xa teñen certo control da lingua.

Neste enlace a Youtube poderedes atopar a peza que utilizaría.

As competencias que estarían tratando serían:

  • A Competencia Lingüística (CL), tanto na primeira opción para describir e proponer adxectivos, como na segunda alternativa, para describir ou presentar cada un a súa versión.

  • O Sentido de Iniciativa e Espíritu Emprendedor (SIEE), xa que cada un debe de elixir entre pintar ou escribir, facendo así referencia á capacidade de elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans, tanto individuais como colectivos.

  • E, finalmente, aínda que o obxetivo final da actividade non sexa tratar o tema da música, introducir unha peza clásica como O Lago dos Cisnes de Tchaikovsky, levaríanos á Competencia en Conciencia e Expresións Culturais (CEC). Poderíamos falar sobre quen foi Tchaikovsky ou os alumnos poderían propoñer máis pezas clásicas.




Un saúdo!


1 comentario:

  1. Moi boa. Eu uso un par de pezas que tamén poden servir de inspiración, O carnaval dos animais (Saint-Saëns) e Nun Mercado Persa (Ketelby). Si queres que te pase as actividades que fago, pídemas por mail.

    ResponderEliminar