sábado, 20 de febrero de 2016

A Ludificación na Educación


Hello!



Esta entrada vai ser unha pequena reflexión sobre a segunda sesión coa profesora Luz Valencia. Na súa clase do 17 de febreiro fixemos moitas cousas e falamos sobre moitas cousas máis pero, sen embargo, o tempo pasoume voando, igual que na primeira clase. Por que? Porque foron dinámicas, movémonos para facer actividades, e, ademais, estas actividades que fixemos eran significativas para nos, é dicir, falamos sobre cousas que nos gustan, relacionámonos co resto do grupo e, en consecuencia, xogamos coma nenos. Incrible que nunha clase de máster o pasemos tan ben con actividades tan simples, como preguntarnos uns aos outros como comemos un ovo frito, para logo descubrir que pode dicir da nosa personalidade tal acción.


Gústanos xogar, somos competitivos, e comprácenos falar sobre nos mesmos, por iso, funcionan este tipo de actividades. E si funcionan con nos, imaxinade con nenos!

A ludificación, é o termo que fai referencia ao uso dos xogos en contextos nos que non son habituais, como por exemplo, a ensinanza. A finalidade deste enfoque é motivar aos usuarios para que logren alcanzar uns obxectivos e facer da aprendizaxe un proceso máis ameno. Persoalmente, paréceme un aspecto fundamental que hai que levar ás aulas, debido á chama que isto prende na motivación dos alumnos, sobre todo na de aqueles que non están interesados pola materia. E dende que o inglés é materia obrigatoria e, polo tanto, hai rapaces que teñen que estar forzados na clase, paréceme moi importante facerlle a experiencia levadeira. Ademais, así quizás, pouco a pouco se vaian animando.


O xogo ten potencial para achegarse ao saber de moitas areas, é dicir, pódese facer un xogo con calquer tema, e o bo das clases de linguas estranxeiras é que se poden facer moitísimas actividades. Polo tanto, non debemos de deixar de botar man desta posibilidade. A min persoalmente gustame traballar con dilemas ou con actividades que requiran de moita creatividade por parte dos alumnos, porque normalmente non lles mandan facer cousas así e, en consecuencia, despertan moita curiosidade neles.

Polo tanto, os xogos parecenme imprescindibles nas aulas por moitos motivos, entre eles, despertan a motivación dos alumnos, fan das clases un espacio máis divertido e humanizan a escola. Debido a que  ludificación me parece un aspecto moi interesante na educación, decidín traballar acerca del no meu TFM, para así ter máis espazo para reflexionar. A continuación, engado o enlace á un vídeo no que un rapaz aporta o seu punto de vista sobre a escola e os xogos. Espero que vos guste.





Vous allez tomber amoureux de cet enfant
Il a tout compris... RESPECT ! #larevolutionestenmarche
Posted by minutebuzz on Mércores, 17 de Febreiro de 2016




Un saúdo! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario