domingo, 14 de febrero de 2016

Representación da versión dos 'Simpsons' de 'Hamlet'.

Ola de novo!

Desta vez, atópome diante do teclado para presentarvos a miña proposta de actividade que fomente tres competencias: unha básica, a lingüística (CL); e dúas transversais, Sentido de Iniciativa e Espíritu Emprendedor (SIEE), e Conciencia e Expresión Culturais (CEC).

Para acadar tal obxectivo optei por recorrer á representación dunha obra teatral clásica inglesa: The Tragedy of Hamlet, Prince of Denmark. Desta maneira podo traballar as tres competencias indicadas anteriormente á vez, xa que os alumnos se verán involucrados nunha actividade na que terán que utilizar a lingua inglesa como instrumento (CL), tanto os que elixan ser as personaxes da obra, para facer a representación, como os encargados de deseñar os escenarios, porque cada un será responsable de elaborar unha proposta para unha escena e presentala na aula.

O Sentido de Iniciativa e Espíritu Emprendedor (SIEE) tamén será un aspecto clave na actividade, xa que cada un debe de elixir o rol que quere realizar e cumprir as responsabilidades que cada papel acarrea, facendo así referencia á capacidade de elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans, tanto individuais como colectivos.



De igual maneira, traballar coa obra de Shakespeare, Hamlet, achegaranos ao apartado da Competencia en Conciencia e expresións Culturais, xa que nos axudará a coñecer, comprender e valorar o traballo do autor inglés, ademais de aproximarnos ao patrimonio do seu pobo e utilizalo como fonte de enriquecemento e desfrute.

Por outra banda, debido a que Hamlet é unha das pezas máis amplas de Shakespeare, en lugar de traballar coa versión orixinal, e co fin de darlle un toque máis divertido á tarefa, escollín a versión dos Simpsons, dispoñible na rede e que ten unha duración de 5min.

O plan sería o seguinte: cada alumno poderá escoller o papel que quere realizar e todos serán avaliados de igual maneira: pola súa participación, cooperación co grupo, coñecemento da materia en cuestión, habilidades verbais e dominio do seu papel. No seguinte enlace poderedes atopar unha presentación que preparei cos detalles, entre eles, unha rúbrica con máis información sobre a avaliación.







Ata pronto!






1 comentario:

  1. Esta non é unha simple actividade, que é o que eu pedía, senón un proxecto moi completo e complexo. Para levar a cabo algo así hai que facer un deseño e preparación de todos e cada un dos paosos, e algo absolutamente esencial decidir o nivel de alumnad ao que vai dirixido, non chega con lanzar a idea. Como idea está xenial, pero insisto en que é demasiado complexa .

    ResponderEliminar