Velaquí
vai unha pequena reflexión máis, neste caso acerca dun aspecto relacionado co
desenvolvemento das clases, que tratamos coa profesora Ana Fontenla, na sesión
do 18 de febreiro.
É
unha cuestión que polo de agora non nos detivemos a comentar, pero que me parece
moi relevante dende o punto de vista docente. Quero reflexionar nesta entrada
sobre a avaliación e en como se trata este aspecto ao longo do curso.
Deixo
de lado un motivo que pode suxerir outra entrada de reflexión que é o feito de
que, polo xeral, en todas as materias durante a secundaria, a preparación das
clases xiran en torno á superación dun fin deste tipo, sobre todo durante o
curso de 2º de Bacharelato, debido á posterior selectividade. Idea coa que se
pode estar máis ou menos de acordo, pero este é outro tema, co que non me vou a
deter máis nesta entrada.

Polo
tanto, penso que é un factor importante informar aos alumnos desde o principio
do curso sobre estes datos, tanto porque así eles teñen idea de que percorrido
deben de facer, como porque así, como docente, tes un punto máis desde o cal os
podes motivar.
Un saúdo,
No hay comentarios:
Publicar un comentario