domingo, 28 de febrero de 2016

Entrada de diario #5

Ola!

Benvidos unha vez máis a unha nova entrada de diario. Se non me equivoco, esta será a penúltima fornada de reflexións persoais sobre a parte da materia de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras, impartida polo profesor Carlos Varcárcel.


Na sesión anterior falamos sobre os niveis de concreción curricular e, na clase pasada, fixemos unha breve viaxe polo mundo das programacións didácticas, que, por si me le alguén que non participe no mestrado, así como a modo de repaso para min, son a organización dos coñecementos, criterios de avaliación, tarefas e actividades a realizar, os obxectivos a cumprir, os recursos a usar, a temporalización, a metodoloxía e outros datos deste estilo que permiten ter unha visión máis clara do proceso de ensino-aprendizaxe.

En consecuencia, as programacións son unha compilación de todos os datos necesarios para que un curso académico se desenvolva de maneira axeitada, xa que resultan ser instrumentos específicos de planificación, desenvolvemento e avaliación de cada materia, que se elaboran de acordo ós criterios xerais recollidos no proxecto educativo e que, ademais, teñen en conta as necesidades e características do alumnado. De feito, as programacións didácticas tamén recollen as adaptacións curriculares individuais para aqueles estudantes con necesidades educativas especiais.


Polo tanto, son documentos verdadeiramente relevantes, que se fan antes do inicio do curso, xa que definen como será o desenvolvemento do período académico. 

Persoalmente, tería que abordar máis o tema para poder elaborar un documento deste carácter. Por outra banda, intúo que a maioría dos profesores que tiven durante os anos de instituto, si que seguían un documento deste tipo, ou polo menos, algún esquema de temporalización, porque si nos saiamos do tema que estabamos dando, a primeira expresión en virlles á boca era: non hai tempo para máis cousas! Intentei buscar na páxina web do meu instituto, para ver si tiña a programación en liña, pero non está dispoñible, tampouco a do outro instituto do meu pobo, que solo expón os contidos básicos, é dicir, que temas se van a tratar durante o curso e en que trimestres, pero non da máis detalles.

  • Puidestes atopar as dos vosos institutos?
  • Credes que as programacións e a flexibilidade son conceptos compatibles?
  • E, por outra banda, pensades que seriades capaces de elaborar unha programación agora, ou gustaríavos ter mais explicacións sobre o tema?


Un saúdo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario