domingo, 21 de febrero de 2016

Actividades de Pre-, During- e Post-Listening


Hello!

Para a actividade a partir dun vídeo, seleccionei a seguinte curtametraxe chamada El Puente (Bridge), que foi a tese de grado do director Ting Chian Tey. 





Como actividade de pre-listening preguntaríalles aos meus alumnos se son vingativos e/ou testarudos, pediríalles que o comentasen por parellas para darlles a oportunidade de contarse uns aos outros algunha experiencia que tivesen deste tipo.

Durante a reprodución do vídeo, como during-listening activity, pararía no s. 48, para preguntarlles como resolverían eles o problema e se algunha vez lles pasou algo polo estilo, por exemplo, cando vas en coche por unha rúa moi estreita, ou cando queres saír dun local no que, á mesma vez, quere entrar máis xente.

Máis adiante, no min. 1:57, volvería a deter o vídeo, para preguntarlles como pensan que solucionarán o conexo e o mapache a situación á que se enfrontan.

Como actividade de post-listening, proporíalles que pensasen en como solucionan eles os conflitos:


  • Si se poñen no lugar do outro cando lles xorde un problema con alguén
  • Tamén lles preguntarían se son orgullosos ou si, polo contrario, saben deixar de lado este sentimento.
  • E, por último, preguntaríalles que opinan sobre a cooperación, se prefiren traballar individualmente ou en grupo e que vantaxes e desvantaxes existen en cada opción.

Finalmente, en canto á contextualización, penso que este tipo de actividade funcionaría con alumnos de 4º da ESO ou de Bacharelato e que serviría para traballar tanto os verbos modais (I would/ have to/ can/ must...), como as condicionais (If I were...).



Ata a próxima!


No hay comentarios:

Publicar un comentario