domingo, 14 de febrero de 2016

Uso dos Dicionarios e Corrección de Erros nas Aulas


Bos días!

Hoxe vou facer unha entrada un pouco distinta ás que viña publicando ultimamente, porque non vai ser sobre as clases do profesor Carlos Varcárcel, pero si sobre Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras.

Este comentario vai ser unha reflexión sobre a mesma materia, pero, concretamente sobre a sesión impartida por outra das profesoras ao mando: María Luz Valencia. Na primeira sesión que compartimos con ela, tratamos varios temas interesantes, entre eles: o uso do dicionario e como corrixir erros na aula.

Pareceume curioso o punto de vista desde o que a profesora presentou o tipo de erros que se cometen cando se usa un dicionario á lixeira, é máis, penso que o utilizaría como introdución para explicarlle aos meus alumnos porqué deben de ter máis coidado ao escoller os termos que están buscando. Amosounos traducións mal feitas, por exemplo, de carteis de tendas, dándonos unha lección de maneira divertida (porque nos rimos moito con algúns dos carteis).


Polo tanto, tamén nos amosou outra maneira de facer correccións un pouco distinta á tradicional, que normalmente é tachar con bolígrafo vermello. Como alternativas, en canto a corrección en textos, propúxonos utilizar outra cor de bolígrafo que non sexa o vermello, subliñar  en lugar de tachar o error ou escribir a túa proposta ao lado do fallo do alumno.


Por outra banda, tamén nos explicou como intervir para emendar un desacerto nun exercicio oral na aula. Algúns dos consellos máis importantes foron: non interromper ao alumno no medio da produción e tentar de atopar unha alternativa a un “no” definitivo.

En resumen, a finalidade destas técnicas é non cortar a motivación do alumno e que non colla medo a participar por mor de facelo mal. Un dos aspectos que máis relevante me parece, non so desde a punta de vista de docente, se non tamén de estudante, porque moitas veces deixei de participar en exercicios por medo de que o profesor me gritase ou me dixese que estaba mal diante de toda a clase. Por iso, penso que é fundamental ter moito tacto e paciencia como profesor.

Finalmente, atopei moi útil o seguinte traballo chamado El Tratamiento del Error en Clase de ELE ¿Cómo Debemos Actuar?, no que se presentan os tipos de fallos máis comúns nas clases de ELE, ademais de cómo e cando temos que corrixir, xunto cun conxunto de ferramentas e técnicas prácticas para favorecer a corrección que se poden aplicar a outros campos.


Un saúdo!

1 comentario:

  1. O tratamento do erro é un aspecto moi importante dentro do ensino/aprendizaxe deLE polo que é moi interesante reflexionar sobre el como tí o fas. Gracias por incluir enlaces interesantes. Por favor, non esquezas etiquetar claramente LUZ os comentarios e actividades das miñas sesións. Gracias.

    ResponderEliminar