lunes, 1 de febrero de 2016

Entrada Dosier #1

Ola de novo!

Como xa comentei na entrada do apartado diario, usarei esta sección para falar sobre actividades feitas na aula na materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras. Polo tanto ofrecereivos aquí anotacións e resumos sobre o que vaiamos realizando.

Ate agora so tivemos dúas sesión, na primeira, o 26 de xaneiro, fixemos dúas actividades:

  • A Pirámide:

É unha actividade dinámica e que da pe a interacción, polo tanto poderíase botar man dela dende moitas metodoloxías, pero sobre todo dende aquelas que buscan fomentar a competencia comunicativa, xa que para realizar esta actividade é preciso agruparse ao comezo, en pequenos grupos que logo deben de ir medrando pouco a pouco ate so contar con dúas bandas na aula.

Cal é o obxectivo das agrupacións? Ir desenvolvendo unha idea para logo argumentar as vantaxes e os inconvenientes fronte a outra banda. Por exemplo, lánzase unha pregunta e cada grupo debe de desempaquetar os seus pensamentos sobre o tema, primeiro de dous en dous, por exemplo, logo de catro en catro, e así sucesivamente.  Desta maneira, conséguese que todo o mundo fale. Ademais, outra vantaxe que ten esta actividade é que se pode utilizar para tratar un sen fin de temas, así como para revisar vocabulario, por exemplo.

Na clase foi interesante, porque todos chegamos ás mesmas conclusións, tiñamos que escoller nunha lista cal era para nos o punto máis importante da materia e tamén cal era o que menos pesaba para nos.



  • WH- Questions

Para a última actividade, botamos man das wh-questions. Unha actividade, polo tanto, de moita utilidade para as clases de inglés. O que fixemos foi formar varios grupos e cada un deles debía de formular 5 preguntas que comezaran por este tipo de palabras. Deste xeito,  esta tarefa tamén precisou da interacción, o que a fixo máis divertida e amena.

A finalidade das preguntas que elaborara cada grupo era preguntarllas logo aos outros, para así, ver quen sabía máis sobre o falado ese día na aula. Así, por exemplo, o noso grupo fixo as seguintes cuestións:

1.     Onde hai que etiquetar as actividades colaborativas?
2.     Que significa LMS?
3.     Por que non hai extensión mínima nas entradas?
4.     Quen van ser os catro docentes da materia?
5.     Como se calculará a nota final?




Pareceume unha actividade moi rendible, xa que se pode utilizar para repasar practicamente todos os temas, é ademais, moi motivadora para os alumnos xa que esperta certa competividade entre eles. Incluso se podería levar un pouco máis alá ofrecendo recompensa aos ganadores.

A nos serviunos para saber canto entenderamos da materia ese día, polo que por un lado, foi útil para o profesor, porque así tivo unha oportunidade para saber como de clara fora a  súa lección, e por outra banda, foi frutífera para nos, xa que si nos quedara algo atrás tivemos a posibilidade de volver a tomar notas ou de quedarnos coa explicación.


E ata aquí a miña entrada do dosier da primeira sesión, un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario