Benvidos a
unha nova entrada do diario, estabamosvos agardando!
Hoxe
falarei sobre a lingua materna e algúns aspectos relacionados con este concepto,
posto a que foi o tema que tratamos ao longo da segunda sesión da materia de
didáctica.
Ao inicio
da clase, tratamos de atopar de maneira conxunta unha definición para o
concepto e chegamos á conclusión de que se trata de aquela lingua que ven dada
e que polo tanto, se adquire de maneira natural a través da interacción co entorno
inmediato, segundo as teorías de Noam Chomsky e outros lingüístas ate os 12
anos de idade, e sen necesidade da intervención pedagóxica. Ata aí todos
estivemos de acordo, o debate xurdiu a partires do concepto en si, por que
chamarlle lingua materna?

Como aclarei no meu comentario en Faitic, esta é toda a problemática que atopo arredor do
termo. Despois de ler as entradas de dúas compañeiras que debatían sobre si
debería de ser considerado como un concepto machista ou non, dediquei un
momento a reflexionar sobre o tema. Primeiro, percateime de que, na clase,
cando lle buscamos unha definición en ningún momento se suxeriu a explicación “lingua
que ensina unha nai”. E, en segundo lugar, quixen realizar unha pequena
pesquisa, non máis lonxe das paredes do meu piso, que comparto con tres estudantes
máis: dúas psicólogas e un graduado en ciencias mediambientais (aclaroume que
utilizar ambientólogo non lle parece o máis apropiado).

- Que pensades o resto?
- Creedes que a linguaxe si é sexista?
- Que pensades do uso do termo lingua materna?
Gracias por
pararte a lerme!
No hay comentarios:
Publicar un comentario