domingo, 28 de febrero de 2016

Entrada de dosier #5

Ola!

Na sesión do 23 de febreiro co profesor Carlos Varcárcel falamos sobre as programacións didácticas, ese famoso descoñecido que todos deberiamos de coñecer.



As actividades que fixemos na nosa primeira toma de contacto coas programacións foron tres:

1. Para a primeira seguimos o esquema da organización en pirámide, é dicir, no comezo xuntámonos por parellas, e logo, pouco a pouco, fomos aumentando o número de membros dos grupos. A nosa misión era debater cales eran os tres aspectos fundamentais das programacións didácticas, elaborados polos profesores.

No meu grupo non fomos capaces de decidirnos por tres aspectos soamente, polo tanto, na lista inicial xuntei seis puntos clave, que pensamos, podían ser válidos: os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a temporalización, a atención á diversidade e a metodoloxía. Pero, de feito so tres destes aspectos son correctos, porque os outros tres xa veñen dados por outras fontes e, en consecuencia, non dependen soamente dos profesores, son:

Os obxectivos, os contidos e a atención á diversidade, xa que, por exemplo esta última, pódese consultar co gabinete de orientación do centro en cuestión.

Desta maneira, os tres aspectos fundamentais das programacións que quedan como opcións correctas son:
  • Os criterios de avaliación, é dicir, como se vai avaliar, xa que son relevantes desde o punto de vista de que, no caso de chegar a un centro no medio do curso, para substituír a un profesor, temos que saber que sistema estaba seguindo, ademais de cómo estaba avaliando.

  • A temporalización, que nos pareceu importante polo mesmo motivo que os criterios de avaliación, xa que é o profesor o que decide cando se trata cada tema, alén de que isto pode significar un cambio na didáctica.
  • E, o último punto, foi a metodoloxía, aínda que tamén podemos atopar información sobre esta no MCERL.



2.Na segunda actividade fixemos unha choiva de ideas acerca de onde podemos buscar información para elaborar unha programación. Aquí xurdiron posibilidades como:

DOGA, BOE, Currículo da Xunta, Currículo do Ministerio, PEC (Proxecto Educativo de Centro), PLC (Proxecto Lingüístico de Centro),Ige.eu (Instituto Galego de Estatística),MCERL, Manuais de didáctica, tanto xerais, como de linguas, O RRI (Regulamento de Réxime Interno).

Tamén tivemos en conta fontes didácticas, epistemolóxicas e psicolóxicas.




3.E, finalmente, a terceira actividade consistiu en buscar unha programación dun instituto e analizala.
No meu grupo atopamos a do I.E.S 12 de Outubro, e decidimos analizar a do curso de 2º de E.S.O. Para levar a cabo a análise, fomos comentando os puntos que nos sinalara o profesor.

Esta programación viña introducida por un texto no que se expoñen aspectos como o currículo, as competencias básicas, os obxectivos, a avaliación, a temporalización, os recursos, a atención á diversidade e a organización. Ademais, explicase a localización do centro, pero sen embargo non se dan características do alumnado, por exemplo, do repertorio lingüístico, nin se fala das familias. Tampouco se dan datos acerca da filosofía do centro.

En canto ás competencias clave, fan referencia a elas como competencias básicas e non se relacionan cos estándares de aprendizaxe. Sen embargo si hai un listado cos obxectivos que se van a perseguir.
Por outra banda, si que se explica a metodoloxía, informase de cómo se vai a levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira. Tamén se explican os criterios de avaliación, con detalles. Ademais, outro aspecto que se expón de maneira especifica, son os recursos dispoñibles no centro, así como os que se van a usar en concreto ao longo do curso para desenvolver a materia (libro de texto, libro de lectura).


Por ultimo, mais adiante pódese atopar un apartado en relación as necesidades especiais, onde se especifica o tipo de atencións coas que contan. E finalmente, tamén se expoñen as actividades extracurriculares (obras de teatro, películas e viaxes educativos en colaboración con outros departamentos).



Un saúdo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario