domingo, 21 de febrero de 2016

Entrada de diario #4

Ola!

Nesta entrada vou falar, brevemente, sobre un tema moi común nas clases de linguas estranxeiras, que rozamos na cuarta sesión do profesor Carlos Varcárcel, pero que non nos detivemos a comentar.

Pareceme moi interesante, no ensino de linguas estranxeiras, falar sobre os países donde se fala o idioma meta, xa que penso que é importante coñecer, aínda que sexa de maneira moi breve, algún aspectos sobre as súas costumes e tradicións, xa non solo porque significa abrir unha porta á diversidade, se non tamén, porque considero necesario entender en que ámbitos se utilizan certas expresións da lingua. O problema que atopo dentro deste punto é que sempre se representan os típicos países falantes do idioma que se está a aprender, cando creo que sería máis sustancioso falar sobre outras zonas nas que tamén se usa a lingua, pero que non se expoñen habitualmente.


Refírome con isto a romper coa tendencia a tratar, por exemplo, o inglés como se fose un idioma que solo se fala en dous lugares no mundo. Debido a que normalmente o que nos atopamos nas clases de inglés é únicamente a cultura británica ou americana, cando en realidade esta lingua se fala de maneira oficial ou cooficial en ata 57 países do mundo, destacando dos 57, 21 que se atopan no continente africano.

Rexións do mundo nas que o inglés é o principal idioma.

Non quero decir con isto que considere imprescindible falar sobre cada país no que o inglés ten calquera de estas dúas posicións, pero sí que me gustaría ver máis diversidade, por exemplo, nos libros de texto, porque na miña experiencia como estudante desta lingua, as culturas que me atopaba no 95% dos casos, eran as xa mencionadas británica ou americana. E, ata que empecei na carreira, non sabía que se podía viaxar por tantas partes de África utilizando o inglés.

  • Que pensades o resto, parécevos un tema relevante ou centraríadesvos simplemente na lingua?
  • Tamén tivechedes esta representación nos vosos libros de texto?
  • E, por último, pensades que está ben facer este tipo de aclaracións nos libros ou pensades que é algo polo que debe de interesarse cada un individualmente?





Ata pronto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario