jueves, 11 de febrero de 2016

Entrada diario #3



Benvidos unha vez máis a unha nova entrada do blog!

Hoxe poderes atopar, nesta publicación, unha breve reflexión sobre un tema relacionados coa terceira sesión de Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras.

Como xa comentei na entrada anterior, publicada onte no apartado dosier, na clase do 2 de febreiro co profesor Carlos Varcárcel, falamos sobre as variables na situación educativa.

A primeira variable á que se fixo referencia, foi a idade, un factor importante á ter en conta no ámbito educativo, xa que, aprendemos de maneira diferente en función da idade. É dicir, un neno de 4 anos non aborda unha clase de inglés de igual maneira que o faría unha persoa de 20, debido a que, por exemplo, a motivación de ambos non é a mesma. O máis probable é que un neno de 4 anos vaia a clases de inglés porque o mandan os pais, mentres que, un de 20 o fai porque el quere. En consecuencia, este factor é importante na situación educativa, porque un profesor debe de preparar, polo tanto, as clases para o rapaz de 4 anos de diferente maneira que para o de 20.

O que a min me chama máis a atención arredor deste tema, é que, últimamente, téndese a meter aos rapaces en clases de idiomas, cada vez, máis pequenos. Hoxe en día xa é posible atopar clases de inglés para bebés de 1 ano. Canto de útil ou favorecedora é esta opción? Aprenden algo?


É certo que é favorable que os rapaces teñan contacto con outros idiomas de pequenos, na clase falamos de idade ideal (0-12 meses), idade gloriosa (1-6 anos), idade crítica (7-9) e limiar fatídico (10 anos). O feito que proba esta idea, é que, canto máis pequenos sexan, máis facilidade teñen para imitar novos sons (non todas as linguas utilizan os mesmos sons nin os mesmos tonos). Pero non serve de moito inicialos noutra lingua tan pequenos, se logo non os vamos mergullando en máis esferas relacionadas con esta nova lingua. Noutras palabras, persoalmente, valoro a calidade por enriba da cantidade.

Os españois sempre obtemos malos resultados nas enquisas sobre linguas estranxeiras, por exemplo, en inglés, a pesares dos anos que estudamos este idioma nas escolas. Polo tanto, quizás o problema non é de cantidade, é dicir, das horas que estudamos unha lingua, se non de calidade. Penso que é preciso ir aumentando a dificultade e o tipo de contacto que temos cunha nova lingua e facer da aprendizaxe, un proceso gradual. Desta maneira, segundo a miña opinión, o ideal non so sería que o neno fose simplemente a clases de inglés, desde os 4 hasta os 16 anos, por exemplo, se non pouco a pouco ir cambiando o tipo de contacto que o rapaz ou rapaza ten co inglés.


Así pois, e con fin de ilustrar por que tipo de experiencia optaría eu, penso que se tivese que darlle consello a unha nai ou a un pai, que quere iniciar ao seu neno ou nena nun novo idioma, recomendaríalle que o fixese na idade gloriosa (1-6 anos), en clases de inglés nas que se prime o aspecto oral e nas que a aprendizaxe se realice en contexto. O seguinte paso sería recorrer a un aupair, para aumentar o tempo que o rapaz ou rapaza pasa en contacto coa l2, así como para levar a aprendizaxe en contexto a outro nivel. O terceiro paso, xa un pouco máis arriba, serían os campamento de inmersión lingüística ou os cursos nun país no que se fale esa lingua e, o cuarto movemento, sería similar ao anterior, realizar un curso nun país no que se fala o idioma que se está aprendendo, pero durante máis tempo. Ademais, acompañaría todas estas experiencias da realización dos exames de certificación oficial do idioma que se está estudando, tanto para ter un recoñecemento oficial, como para ter unha escusa para aprender as regras gramaticais, así como para ter unha meta máis.

  • Que opinades? Parécevos un bo consello?
  • Que recomendariades vos?
  • E, por último, que atopáchedes favorecer no voso camiño para aprender unha lingua nova?




No hay comentarios:

Publicar un comentario