miércoles, 13 de enero de 2016

Unidade 5: Propostas para Mellorar a Competencia en Linguas Estanxeiras

Ola de novo!


Na entrada anterior rematei falando sobre a LOMCE, a lei orgánica para a mellora da calidade educativa aprobada en novembro de 2013, e que modifica a lei anterior, a LOE. Concretamente comentei dous dos motivos que se tiveron en conta á hora de tomar esta decisión e de deseñar un novo proxecto educativo: os profundos cambios aos que se está enfrontando a sociedade na actualidade e os malos resultados obtidos nos estudos e enquisas europeos que demostran que os resultados dos estudantes españois non sobrepasan a media.


Máis adiante, na entrada da unidade 7, falarei máis especificamente sobre cales foron os estudos e enquisas que se tiveron en conta, así como das cifras acadadas, para facer unha pequena análise do posto que ocupa España en relación cos outros países participantes neste tipo de proxectos.

Neste apartado gustaríame centrarme nas ideas da LOMCE, para desta maneira, analizar cales son as súas propostas para mellorar as competencias dos estudantes españois. Máis en concreto, voume centrar no tema das linguas estranxeiras, e no trato que se lles da a estas na nova lei educativa.




Segundo o punto de vista da LOMCE, é imprescindible unha mellora neste aspecto, xa que, como ben comentei en entradas anteriores, o dominio de varias linguas estranxeiras non só abre máis portas no ámbito persoal, se non tamén no profesional. A raíz de isto, proponse na nova lei, o dominio dunha segunda, ou de incluso, dunha terceira lingua estranxeira, xa que España é un dos poucos países nos que solo hai unha lingua estranxeira obrigatoria na secundaria.

Pero, antes de introducir máis linguas estranxeiras como materias obrigatorias na ensinanza, quizás se debería de estudar o motivo polo que os estudantes españois seguen obtendo malos resultados nos estudos europeos en canto á súa competencia nunha lingua estranxeira, neste caso o inglés, a lingua que máis se estuda en Europa nos colexios como primeira lingua estranxeira.


Ao redor desta problemática xorden dúas propostas para mellorar este aspecto: as probas estandarizadas de idiomas e a avaliación dinámica como alternativa ás PAU. Para falar destes dous puntos, voume apoiar en dous textos:



A proposta do primeiro documento é a realización dunhas probas de carácter estandarizador, en dúas etapas educativas distintas (6º EP e 4º ESO), que servirían para que os alumnos tivesen un acceso, de carácter voluntario, a recibir un certificado oficial do seu dominio, neste caso, do inglés. E, o segundo documento achéganos unha alternativa ás PAU, a avaliación dinámica como Proba Final de Bacharelato.

O que teñen en común ambos documentos é que parten do mesmo punto, que é mellorar a competencia do alumnado na lingua estranxeira, e o seu obxectivo é tamén o mesmo, conseguilo gracias ao beneficio do impacto positivo que causa a avaliación na calidade de aprendizaxe dos alumnos. Noutras palabras, normalmente traballamos mellor e de maneira máis eficaz cando temos un obxectivo claro que cumprir, por iso as autoras destes textos propoñen darlle máis importancia ás avaliacións para que, así, se modifique o proceso de aprendizaxe, debido a que ter como meta unhas probas de carácter estandarizador, por exemplo, supón practicar máis e, polo tanto, mellorar.



A problemática que suxiren estas propostas é que ter unha meta deste tipo pode restarlle importancia ao propio proceso que leva cara á meta, o proceso de aprendizaxe, e que desta maneira os alumnos estuden soamente con vistas á superación deste tipo de probas. En consecuencia, podería xurdir un tipo de competitividade entre eles que levaría a moitos puntos distintos da igualdade, xa que solo aqueles que contasen cos medios e recursos suficientes, se poderían preparar de maneira axeitada para a superación da proba, creando desta maneira, desigualdade.

Referencias:

-  Ministerio de Educación, Cultura e Deportes. Lei orgánica a para a mellora da calidade educativa(LOMCE) (Lei Orgánica 8/2013, 9 de decembro). Boletín Oficial do Estado, nº 295, 2013, 10 decembro.

- Gozalo Ausín, A. 2014. Hacia el Impacto Positivo de la Evaluación: Pruebas Estandarizadas de Idiomas. Avances en Supervisión Educativa. ISSN: 1885-0286


- Otero de Juan, N. 2014. Beneficios de la Evaluación Dinámica para al Prueba Final de Bachillerato. @tic revista d’innovació educativa. ISSN: 1989-3477





No hay comentarios:

Publicar un comentario