miércoles, 13 de enero de 2016

Unidade 4: O Currículo Educativo e a LOMCE

Ola!

Nesta entrada vou falar de dous puntos relacionados coa educación: a LOMCE e o currículo educativo.


Hoxe en día sabemos que calquera nos pode dar unha lección: o veciño, un amigo, os teus pais, os teus fillos...pero, ¿en qué se diferencian este tipo de leccións das dun profesor? O que diferencia unhas leccións de outras é que un profesor ten un camiño marcado, sabe o que quere ensinarche e cómo quere ensinarcho, utiliza técnicas e procedementos, e sabe qué recursos son máis eficaces para a formación do alumnado, en outras palabras, a súa ensinanza é intencional e segue unha guía característica: o currículo educativo.

Esta guía, o currículo, contesta polo tanto as seguintes preguntas: qué ensinar?, cómo ensinar? E, qué, cómo e cando avaliar? Desta maneira, o currículo refírese ao conxunto de competencias básicas, obxectivos, contidos e criterios metodolóxicos e de avaliación que os estudantes deben de alcanzar nun determinado nivel educativo. En consecuencia, un currículo deste tipo non é simplemente un plan de estudios ou o temario de clase, se non que se trata dun documento no que se describen os elementos que determinan o procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas.
Por outra banda, o termo mencionado, non fai referencia unicamente á estrutura formal dos plans e dos programas de estudio, se non tamén a todos os aspectos que implican a elección dos contidos, disposición dos mesmos, necesidades da sociedade e tecnoloxía dispoñible.

E así, como o currículo educativo pode chegar a verse como un modelador dos estudiantes, xa que, en certo modo, os contidos son un conxunto de saberes que culturalmente se consideran esenciais para o desenvolvemento dos estudiantes.


No seguinte enlace á paxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, podedes atopar unha explicación do funcionamento do currículo para cada etapa educativa (Primaria, ESO, Bacharelato ou FP Básica). Nesta páxina tamén podemos comprobar a quen lle corresponde o papel do deseño do currículo:

Corresponde al Gobierno el diseño del currículo básico, en relación con los objetivos, competencias, contenidos, criterios de evaluación, estándares y resultados de aprendizaje evaluables, con el fin de asegurar una formación común y el carácter oficial y la validez en todo el territorio nacional de las titulaciones a que se refiere esta Ley Orgánica.

Desta maneira, indo a sección “Currículo en Primaria, ESO y Bachillerato”, atopamos o Real Decreto 126/2014, de 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obligatoria e do Bacharelato. Novamente accedendo a esa sección podemos descargar un documento PDF co BOE da disposición.

La Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la Mejora de la Calidad Educativa, modificó el artículo 6 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, para definir el currículo como la regulación de los elementos que determinan los procesos de enseñanza y aprendizaje para cada una de las enseñanzas.

A LOMCE é a lei orgánica para a mellora da calidade educativa, aprobada en novembro de 2013, que propón unha gran reforma educativa debido a numerosos factores como son os profundos cambios aos que se enfronta a sociedade actual, así como os malos resultados que obtiveron os estudantes españois en estudios e enquisas europeas que os comparaban que outros países da UE.



Referencias:

-        - Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Real Decreto 1105/2014. Boletín Oficial do Estado nº 3, 2014, do 26 de decembro.

-        -  Ministerio de Educación, Cultura e Deportes. Lei orgánica a para a mellora da calidade educativa (LOMCE) (Lei Orgánica 8/2013, 9 de decembro). Boletín Oficial do Estado, nº 295, 2013, 10 decembro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario