miércoles, 23 de diciembre de 2015

Unidade 2: Educación en España:O Trato cara As Linguas no Currículo Educativo.

    Boas!

Na entrada anterior falei sobre que é o plurilingüismo e, para non saírme da temática das linguas, nesta entrada gustaríame tratar un tema relacionado: as linguas no contexto nacional e internacional. Para así, averiguar que trato reciben as linguas autóctonas e as estranxeiras, dentro e fora dos seus países, facendo fincapé sobre todo, no ámbito da educación e no contexto de España.






O dominio de varias linguas ábreche fronteiras de moitos tipos: coñeces infinidade de cousas sobre outras culturas, novos conceptos para os que a túa lingua aínda non ten un termo, recoñeces a diversidade, e, entre moitos máis motivos favorecedores, tamén desenvolves unha capacidade de comprensión e tolerancia positiva, xa que o demostrar interese por linguas diferentes á túa, tamén estás demostrando un interese pola súa cultura. Todos estes puntos favoreceron a introdución dunha maior preocupación polas linguas na educación, que se ve reflexada na nova Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa de 2013.


Ao final da entrada anterior rocei un pouco este punto, que agora me gustaría desglosar con máis detalle. Como se pode ler no preámbulo da LOMCE, na 12º disposición, unha das novidades desta lei é a introdución dunha “segunda, ou incluso, dunha terceira lingua estranxeiras”(8) na educación, xa que o dominio de varias linguas se converteu nunha prioridade  no contexto global no que vivimos actualmente. Pero isto no é un aspecto que se promova solo dende o ámbito educativo español, si non que é desde a Unión Europea, dende onde se fixou esta meta, xa que se ve o plurilingüismo como “un obxectivo irrenunciable para a construción dun proxecto europeo”(8). E así, explícase a introdución dunha segunda lingua estranxeira no currículo, coa finalidade de beneficiar aos estudantes achegándoos máis a un marco de empleabilidade e de ambicións profesionais máis amplo.

En consecuencia, a primeira lingua estranxeira seguirá sendo unha materia troncal no currículo educativo, e a maiores, seguirá habendo a opción dunha segunda lingua estranxeira como optativa.

Pero agora ben, qué pasa coas linguas oficiais e cooficiais? No caso de Galicia, en qué apartado se organizará a lingua galega? Para exemplificar a explicación, voume a apoiar na oferta educativa para os estudantes da ESO en Galicia, onde, a partir da LOMCE, o currículo educativo organizarase da seguinte maneira: a lingua castelá e literatura, como lingua oficial, seguirá sendo unha das materias troncais e polo tanto, obligatorias para os estudantes da ESO. Sen embargo, a lingua galega e literatura, como lingua cooficial, pasa a ser unha materia de libre configuración como se pode ver nesta publicación da Xunta, baixo a xustificación de que este feito, darlle a posibilidade de facela unha materia de libre configuración, lle otorga máis autonomía ás comunidades para ofrecer asignaturas de propio diseño e, en consecuencia, que se axusten máis as necesidades propias dos centros, xa que esta é outra das finalidades da LOMCE, como se pode ler na 7º disposición do seu preámbulo:

“Es necesario que cada centro tenga la capacidad de identificar cuáles son sus fortalezas y las necesidades de su entorno, para así poder tomar decisiones sobre cómo mejorar su oferta educativa y metodológica en ese ámbito, en relación directa, cuando corresponda por su naturaleza, con la estrategia de la administración educativa” (8).
Que significa que o galego pase a ser unha materia de libre configuración? Unha das consecuencias e que os alumnos poderán escoller se a queren cursar ou no, xa que as materias de libre configuración teñen como obxectivo completar a formación e o currículo académico do alumno con materias e actividades que non se inclúen no seu plan de estudios pero que lle poden resultar interesantes. Podedes atopar máis información sobre cómo se levará a cabo este proceso de axuste na seguinte páxina do DOG.

·         Por último, unha cuestión: parécevos unha medida que fomente o plurilingüismo?


No hay comentarios:

Publicar un comentario