viernes, 11 de marzo de 2016

A que podería ser a derradeira entrada do blog


Bo día!

Debido ao remate da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, temo que vos teño que dar a benvida á que podería ser a miña derradeira entrada na sección de reflexións do blog.

Non sei si a través das entradas que publiquei, logrei reflexar de maneira axeitada os coñecementos que fun adquirindo ao longo desta materia, pero o que si sei é que non me esperaba aprender tanto, posto que ao principio non tiña moitas expectativas postas en xeral, no mestrado, debido aos comentarios que me fixeron persoas que xa o cursaran. Sen embargo, o feito é que, se houbo insuficiencias noutras materias, a de didáctica logrou compensalas, xa que ao longo das cinco semanas que tivemos clase, comentamos moitísimo temas e tratamos cuestións relevantes, que, sen dúbida nos van a servir de gran axuda ao longo do noso percorrido no mundo da ensinanza.

Penso que un factor que favoreceu este feito, foi que dúas das profesoras encargadas da materia sexan profesoras en secundaria, posto que gracias á súa relación con este campo, así como á súa experiencia, lograron achegarnos á ensinanza dunha maneira máis real.

Os puntos que fomos comentando ao longo das sesións, pódense consultar tanto nas diferentes entradas que eu publiquei aquí no meu blog, como no apartado “Compañeiros do mestrado”, onde se poden atopar algúns dos blogs de outros estudantes, cos que compartín este período. Nestas entradas cada un foi elaborando reflexións sobre os temas que máis lle apetecían, así como actividades relacionadas.

Polo que, botándolle un ollo aos nosos blogs pódese comprobar os contidos que fomos vendo, que son moitos. Pero sen embargo, se aprendín algo nesta experiencia é que aquí non remata a nosa misión como profesores en potencia, xa que aínda nos queda moito por aprender e non só sobre materias que se poidan atopar entre as follas dos libros, se non tamén de outros aspectos. Posto que algo moi importante que asimilei estes derradeiros días coas profesoras Ana e Luz, é que para dedicarse a ensinanza non basta con saber moito sobre unha materia ou con coñecer infinitas técnicas educativas, se non que se precisa de algo que non se pode atopar nunha biblioteca como é a dedicación, o afán e as ganas de compartir un “botín” de descubrimentos que teñen un valor incalculable.



Ata outra!




1 comentario:

  1. Non ten por que ser a derradeira, Andrea. Continuar co bog, ao mellor facendo algún comentario do periodo de prácticas, e logo cando comeces a traballar pode ser unha experiencia moi enriquecedora. Si decides facelo, non deixes de avisarme para que poda seguilo e comentar.

    ResponderEliminar