Ola!

Trátase de reproducir
unha canción e pedirlle aos alumnos que, a partir desta peza, escriban ou
debuxen ó que lles veña á mente.

Por outra banda, podería
facer a actividade máis longa, dándolles máis tempo para facer o exercicio, e
logo proporíalles que ao rematar, cada un presentase a súa versión da peza ao
resto da clase. Desta maneira, podería aproveitar para avaliar a expresión
oral. Pero reservaría esta opción para os máis maiores, porque teñen máis nivel
e poden facer descripcións e presentacións máis elaboradas, mentres que a primeira
opción a prantexaría nos primeiros cursos, é dicir, primeiro ciclo da ESO.
Polo tanto, penso que é
unha alternativa moi moldeable, que se pode adaptar a bastantes contextos, pero,
sen embargo, eu optaría por propoñela cando os alumnos xa teñen certo control
da lingua.
Neste enlace a Youtube poderedes atopar a peza que utilizaría.
Neste enlace a Youtube poderedes atopar a peza que utilizaría.
As competencias que
estarían tratando serían:
- A Competencia Lingüística (CL), tanto na primeira opción para describir e proponer adxectivos, como na segunda alternativa, para describir ou presentar cada un a súa versión.
- O Sentido de Iniciativa e Espíritu Emprendedor (SIEE), xa que cada un debe de elixir entre pintar ou escribir, facendo así referencia á capacidade de elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans, tanto individuais como colectivos.
- E, finalmente, aínda que o obxetivo final da actividade non sexa tratar o tema da música, introducir unha peza clásica como O Lago dos Cisnes de Tchaikovsky, levaríanos á Competencia en Conciencia e Expresións Culturais (CEC). Poderíamos falar sobre quen foi Tchaikovsky ou os alumnos poderían propoñer máis pezas clásicas.
Un saúdo!
Moi boa. Eu uso un par de pezas que tamén poden servir de inspiración, O carnaval dos animais (Saint-Saëns) e Nun Mercado Persa (Ketelby). Si queres que te pase as actividades que fago, pídemas por mail.
ResponderEliminar