Bo
día!
Debido
ao remate da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras, temo
que vos teño que dar a benvida á que podería ser a miña derradeira entrada na
sección de reflexións do blog.
Non
sei si a través das entradas que publiquei, logrei reflexar de maneira axeitada
os coñecementos que fun adquirindo ao longo desta materia, pero o que si sei é que
non me esperaba aprender tanto, posto que ao principio non tiña moitas
expectativas postas en xeral, no mestrado, debido aos comentarios que me fixeron
persoas que xa o cursaran. Sen embargo, o feito é que, se houbo insuficiencias
noutras materias, a de didáctica logrou compensalas, xa que ao longo das cinco
semanas que tivemos clase, comentamos moitísimo temas e tratamos cuestións relevantes,
que, sen dúbida nos van a servir de gran axuda ao longo do noso percorrido no
mundo da ensinanza.
Penso
que un factor que favoreceu este feito, foi que dúas das profesoras encargadas
da materia sexan profesoras en secundaria, posto que gracias á súa relación con
este campo, así como á súa experiencia, lograron achegarnos á ensinanza dunha
maneira máis real.
Os
puntos que fomos comentando ao longo das sesións, pódense consultar tanto nas
diferentes entradas que eu publiquei aquí no meu blog, como no apartado “Compañeiros
do mestrado”, onde se poden atopar algúns dos blogs de outros estudantes, cos
que compartín este período. Nestas entradas cada un foi elaborando reflexións
sobre os temas que máis lle apetecían, así como actividades relacionadas.
Polo
que, botándolle un ollo aos nosos blogs pódese comprobar os contidos que fomos
vendo, que son moitos. Pero sen embargo, se aprendín algo nesta experiencia é
que aquí non remata a nosa misión como profesores en potencia, xa que aínda nos
queda moito por aprender e non só sobre materias que se poidan atopar entre as
follas dos libros, se non tamén de outros aspectos. Posto que algo moi
importante que asimilei estes derradeiros días coas profesoras Ana e Luz, é que
para dedicarse a ensinanza non basta con saber moito sobre unha materia ou con coñecer
infinitas técnicas educativas, se non que se precisa de algo que non se pode
atopar nunha biblioteca como é a dedicación, o afán e as ganas de compartir un “botín”
de descubrimentos que teñen un valor incalculable.
Ata
outra!